Boa actuación das deportistas do Atletismo Friol en Soria

Boa actuación das deportistas do Atletismo Friol no Cross Internacional de Soria, no que foi a segunda proba do circuíto ANOC na presente temporada 2018/2019.

As tres tomaban parte na categoría sub 18 xuvenil e todas lograban situarse entre as dez primeiras clasificadas.

Así, Noelia Sánchez lograba a quinta posición, marcando un crono de 10.59 minutos en cubrir os tres kilómetros de competición, mentras que a súa compañeira de equipo, Nerea Lage, entraba inmediatamente despois na sexta posición cun tempo de 11.15 minutos. Por último, Lucía Varela se facía co oitavo posto cun tempo de 11.38 minutos.

Etiquetas