Skip to main content
Actualidade

O IES de Castro organiza unha serie de actividades para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero

Por 19 Novembro, 2018Sin comentarios

O mércores 21 de novembro será a conmemoración do día Contra a Violencia de Xénero, que ademais coincidirá coa feira de Castro.

No IES de Castro farán unha marcha reivindicativa con saída ás 11:30 h dende o instituto. Xa no centro da vila os alumnos farán unha representación musical, a cargo do profesor de música, xunto coa lectura dun manifesto. Tamén repartirán panfletos con lemas deseñados por eles mesmos.

Xa de volta ao centro toda a comunidade educativa promove unha improvisación coreográfica onde ademáis de baile haberá exposición de cartaces con lemas en contra da violencia de xénero.