Última representación dentro do Festival de Teatro de Begonte

A actuación de Teatro Marionetas Trécola coa obra Xogo Revolto dentro da sexta edición do Festival de Teatro da Asociación Cultural Castiñeiro Milenario, realizarase o día 20 de novembro ás 12 horas no colexio de Baamonde.

Xogo revolto é a nova obra que a compañía Marionetas Trécola, de Pol, propón para esta tempada. Comezan esta nova andaina coa creación dunha nova obra onde o tema principal é o bullying. Esta compañía de teatro leva anos traballando coa Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público (Fapacel) e levando as súas educativas obras de marionetas polos colexios.

Unha obra de monicreques adicada a un público infantil coa que pretendemos participar nunha adecuada educación emocional e en valores, ensinando dun xeito chamativo e divertido que amosar sentimentos e emocións non nos fai parecer débiles e vulnerables senon ao contrario, fortes e respectuosos cos actos, emocións e pensamentos dos demáis  aínda que non sexan iguais aos nosos.

Tamén o día 15 de decembro estarán coa última obra estreada chamada Tolitates na Fundación Manuel María en Outeiro de Rei, participando no programa de teatro profesional da provincia de Lugo, Proscenio.

Etiquetas