Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Xornada sobre Custodia do Territorio e conservación de Espazos Naturais protexidos

Por 19 Novembro, 2018Sin comentarios

O martes 27 de novembro de 10:30 a 14:00 horas haberá unhas xornadas sobre Custodia do Territorio e conservación de Espazos Naturais protexidos, na Casa das Insuas de Rábade. A xornada consistirá en presentacións breves de 30 minutos e un debate final de 30 minutos.

A Custodia do Territorio está a mostrarse como unha excelente ferramenta para a conservación dos valores naturais en Espazos Naturais Protexidos, así como da biodiversidade que se sitúa fora destes espazos. As entidades de custodia, ó nacer da propia sociedade civil dun modo organizado, teñen a capacidade de aplicar as medidas de xestión e conservación dun modo participado coa sociedade, en especial cos propietarios e usuarios de terreos de alto valor natural.

En España e, máis concretamente en Galicia, temos diversos exemplos que mostran as vantaxes que estes acordos de custodia poden repercutir sobre a xestión dos espazos custodiados, así como da maior coñecemento e disfrute destas zonas por parte da poboación local.

Nesta xornada pretenden achegar a custodia do territorio aos técnicos, funcionarios e políticos das administracións públicas como ferramenta para establecer medidas de conservación e xestión dos Espazos Naturais Protexidos.

 

 

 

O programa para esta xornada será:

10:30 Traballos realizados no Acordo de Custodia do Territorio entre a AGCT e a Deputación de Lugo para a xestión das Insuas do Miño e Ollos de Begonte

11:00 A custodia do territorio como ferramenta para a conservación da biodiversidade da comarca das Mariñas coruñesa

11:30 A participación social na RB de Alto Bernesga e posta en marcha do proxecto Custointegra

12:00 Pausa para café

12:30 A Custodia do Territorio para a conservación dos humidais da Limia

13: 30 A Custodia do Territorio na montaña lucense