Obxectivos dos colectivos contra a violencia de xénero. O que moitos aínda semellan non ter claro

Por Marta R. Engroba

Cando hai xa algo mais de catro anos iniciamos a andaina de Si, hai saída, a asociación contra a violencia de xénero da que formo parte, tiñamos claro, por suposto,cales eran os nosos obxectivos, e o seguimos tendo, naturalmente, a día de hoxe. Axudar as vítimas da violencia de xénero, brindarlles todo o noso apoio e facer xunto a elas ese longo e duro camiño que é rachar co seu maltratador.

Pensábamos, tal vez inxenuamente, que isto era algo que todo o mundo  daba por sentado, que a nosa finalidade estaba perfectamente definida e explicada, e, en consecuencia, todas as persoas que se dirixirían a nos  o farían precisamente por eso, porque precisaban axuda para sair da violencia machista ou ben a asesorarse para tentar aconsellar e apoiar a alguien que tal vez non se atrevía  ainda a dar o paso de acudir a contarnos á súa dura situación, e así é na gran maioría dos casos, pero, en ocasións, e ante a nosa sorpresa, porque malia que a nosa traxectoria non é longuísima, tampouco comezou onte,  polo que supoñemos que a inmensa maioría da xente xa sabe cal é a nosa labor, vemos con inquietude como se achega a nos algunha persoa con outros fins que nada teñen que ver co noso cometido, e digo con inquietude, porque é para nos moi preocupante que existan persoas que non teñan claros determinados conceptos, máxime cando se trata de violencia de xénero.

O que mais nos preocupa son esas persoas que se achegan dando por feito que somos unha alternativa a lei, ou dito doutro xeito, un camiño para obviar a denuncia, e nos requiren outro tipo de actuacións, algunhas que me atrevería a cualificar mesmo de surrealistas, para eludir o único camiño que hai para sair desta lacra: a denuncia.

Cando lles explicamos que nos non soamente non actuamos por detrás da lei, se non todo o contrario, xa que unha das nosas principais finalidades é lograr que a muller maltratada denuncie e que a nosa actividade está estreitamente ligada a policía, algunhas destas persoas manifestan a súa sorpresa e a súa contrariedade, xa que din ter noticia de que existe algún colectivo que ten unhas prácticas totalmente diferentes das nosas, e que o que desexan é precisamente eso, pasar por alto o sen dúbida duro, pero ineludible, proceso da denuncia e que lles ofrezcamos unha alternativa, alternativas que, como dicía antes, son, en ocasións surrealistas, chegando a solicitarnos, por exemplo, que lle lancemos ao agresor mensaxes que encerren “sutís ameazas” vía redes sociais, pasando por pedirnos que algunha de nos se “infiltre” na súa contorna de amigos, compañeiros, etc,  para, ademais de informalas dos seus movementos, proceder a, unha vez nos gañemos a súa confianza, “advertilo”, co que agardan conseguir que a fera se convirta en cordeiriño.

Tal vez soe raro, pero podo asegurar que é a pura verdade.

Como verdade é tamén que chegan a nos mulleres que nos dín que a súa parella comunicoulles o seu desexo de rematar a relación, ben porque deixaron de estar namorados ou ben porque coñeceron a outra persoa, algo que sen dúbida doe, pero que é honesto, xa que non as están enganando, e, por outra banda, é algo que lle pode suceder a calquera.

Cando lles preguntamos que axuda pensan que lles podemos prestar, xa que, obviamente, non existe violencia de xénero por ningures, a resposta adoita ser que, dado que de todos, ou polo menos da maioría, é coñecido que traballamos con rigor en todo o que ten que ver co maltrato, tal vez poderíamos falar co home e “presionalo” para reanudar a súa relación deixándolle caer que, de non facelo, poderíamos considerar a posibilidade de denuncialo por quen sabe  qué motivo que nos sacaríamos da chistera.

Podería seguir citando exemplos, nos que figurarían a solicitude de empregos tras unha separación na que os malos tratos nunca existiron, ou tentar chegar, a través de nos, a acadar prestacións ainda tendo, nalgún caso, unha economía saneada, finxindo ter sido maltratada.

Sei que isto que estou a relatar é algo que algúns colectivos feministas que non aproban o noso xeito de traballar negan que exista, pero o que non se pode é pechar os ollos a realidade.

A violencia de xénero é xa unha pandemia. As cifras de mulleres asasinadas, de menores, que cada vez son mais, resultan espeluznantes, e, precisamente por eso, porque a situación é xa insoportable, sen que se albisque a solución, é tremendo que se produzcan este tipo de situacións, que, repito, guste ou non admitilo, existen.

Os colectivos contra a violencia de xénero traballamos, ou deberíamos de traballar, na procura da axuda as mulleres que están a sufrila, elas e as súas crianzas. Non estamos para exercer de Celestinas ante unha ruptura, nin para usarnos como instrumento de venganza para desafogar o despeito dunha relación que remata contra a súa vontade, nin menos ainda para facer caixa, nin a muller que acude a nos con tan desprezable pretensión, nin nos, porque si, tamén existen colectivos creados, baixo o pretexto de loitar contra a violencia machista, co único fin de lucrarse e facer da desgraza negocio.

É absolutamente lamentable, ademais de moi frustrante, que se den circunstancias deste calibre, pero o feito certo e que, por moito que se queira negar a maior , existen.

Sempre houbo e haberá quen pretenda sacar tallada da desgraza allea, e a violencia de xénero é, a día de hoxe, unha problemática moi sensible da que moitos desaprensivos e desaprensivas non dubidan en beneficiarse.

Non é, desde logo, o caso de Si, hai saída. Podemos errar e, lóxicamente, como humanas que somos, o facemos, pero os nosos fins, as nosa prioridades,  están perfectamente definidas desde mesmo antes de arrancar.

Mágoa que non sempre ocorra así, pero, e non podo por menos que reiterarme, nos, a diferencia de moitos, o temos moi claro.