Skip to main content
Actualidade

Luz verde no Congreso á proposición de En Marea para as melloras na N-VI ao seu paso por Outeiro de Rei

Por 21 Novembro, 2018Sin comentarios

A Comisión de Seguridad Vial do Congreso deu luz verde este martes á proposición non de lei de En Marea para que se emprendan actuacións de mellora da seguridade vial na N-VI ao seu paso por Outeiro de Rei. A iniciativa contou con 24 votos a favor e 9 abstencións procedentes do grupo socialista.

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, pactou un acordo co grupo popular que inclúe un segundo punto. Non foi posíbel o acordo co grupo socialista dado que non se comprometía de xeito efectivo a executar as medidas demandadas.

Así, aprobouse levar a cabo a construción da rotonda na interseción da N-VI co tramo de acceso á A-6, instalar pasos peonís, semáforos, dotación de vías de servizo, beirarrúas en ambas marxes e zonas de aparcadoiro. Nun segundo punto, demándase a aplicación con urxencia dunha nova capa de rodadura na N-VI entre Rábade e o enlace co vial provincial LU-3908 no bairro de Buxán, para evitar riscos e accidentes debido ao seu grave deterioro.

A N-VI precisa dunha reforma integral 

Na súa intervención, Alexandra Fernández apelou á necesidade de realizar unha reforma integral da N-VI porque adoece de moitos tramos en mal estado ou problemáticos. Fixo especial fincapé no feito da transformación que teñen moitas estradas deste tipo que presentan un perfil nalgúns traxectos de travesías urbanas. É o caso de Outeiro de Rei. De feito, lembrou que “nesta mesma Comisión aprobárase unha proposición de En Marea para que o Ministerio fixese un estudo das estradas nacionais para delimitar os tramos que son travesías urbanas e adoptar as medidas pertinentes para adecualos como tal.

Ademais, puxo de manfiesto as deficiencias da N-VI ao seu paso por este concello. Precisa de pasos peonís para garantir que veciños e veciñas poidan cruzar con seguridade, a ubicación da rotonda programa para dar acceso á autovía, semáforos e beira rúas. A deputada tamén riticou a falla de iniciativa do anterior Goberno que reduciu calquera actuación “á disponibilidade orzamentaria”. Precisamente esa falla de vontade é a que sumiu ás estradas no mal estado que teñen na actualidade.

Na mesma liña, criticou a emenda presentada polo grupo socialista por carecer de compromiso concreto.