Carballo Vivo de Friol celebra o sábado un magosto

A Asociación Carballo Vivo de Friol organiza un magosto para o sábado 24 de novembro ás 21:00 no centro social de Carballo.

Nesta celebración poderase votar no concurso sobre este delicioso alimento, a castaña máis grande, a máis pequena e castaña ou landra máis orixinal. Tamén haberá un concurso fotogáfico co tema do outono, pero para poder participar haberá que enviar as fotos a carballovivo@gmail.es antes do 23 de novembro.

Etiquetas