Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz súmase á campaña En Negro

Por 22 Novembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz realizará unha serie de actos con motivo da celebración da semana contra a violencia de xénero.

O primeiro deles será este venres 23, ás 12.00 horas. Os alumos do IES Poeta Díaz Castro lerán un manifesto sobre esta cuestión.

Ademais, o martes 27 haberá unha charla co título Educando en igualdade, ás 20.30 horas na Casa habanera.

Ademais, estes días celebraranse varios obradoiros sobre igualdade e prevención da violencia de xénero nos centros educativos.