O Goberno da Deputación destina 200.000 euros á dotación de 82 marquesiñas nos 67 concellos

A Xunta de Goberno Local aprobou destinar 200.000 euros á dotación dun total de 82 marquesiñas nos 67 concellos, que se situarán ao longo da rede viaria provincial, que é a máis extensa de España ao superar os 4.200 quilómetros.

Campos Conde explicou que a distribución das marquesiñas por municipio se fai en base a un parámetro totalmente obxectivos: o número de quilómetros de vías provinciais que discorren por cada un dos Concellos. Deste xeito, os municipios con máis de 80 quilómetros poderán instalar 2 marquesiñas e os de menos de 80 quilómetros contarán con 1. Son 15 Concellos os que superan dito número de quilómetros e 52 os que non.

O presidente explicou que mañá se iniciará o proceso de contratación para a adquisición e instalación das marquesiñas. Adxudicados estes traballos, os municipios deberán sumarse a esta programación e solicitar estas estruturas. Isto acontecerá, previsiblemente, tendo en conta os prazos legais de contratación, a partires de xaneiro.

Municipios con máis de 80 quilómetros de estradas provinciais: Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Folgoso do Courel, Cervantes, Chantada, A Fonsagrada, Friol, Lugo, Navia de Suarna, Ourol, Pantón, A Pontenova, O Saviñao e Vilalba.

Municipios con menos de 80 quilómetros de estradas provinciais: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Cervo, O Corgo, Cospeito, Foz, Xermade, Guitiriz, Guntín, O Incio, Xove, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, Palas de Rei Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pobra do Brollón, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Burela e Ribas de Sil.

Etiquetas