Skip to main content
Actualidade

A Deputación ofrece 23 empregos a recén titulados en FP e grao

Por 28 Novembro, 2018Sin comentarios

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, informou que o Goberno Provincial ofrece un total de 23 empregos a recen titulados en FP e grao impartidos na provincia de Lugo e que non conten con experiencia laboral. López Izquierdo explicou que son contratos en prácticas para traballar no propio organismo provincial durante un máximo de 2 anos. “Deseñamos estes perfís en base á oferta formativa lucense. Tivemos en conta polo tanto as especialidades dos nosos centros de ensinanza superior, ademais das necesidades de cada un dos servizos da Deputación”.

Esta nova programación de emprego do Goberno Provincial chámase “Primeira Oportunidade”. Con ela buscamos ofrecer unha saída laboral ás persoas que se formaron na nosa provincia, nas titulacións de FP e Grao que ofrecemos en Lugo. Tentamos facer fronte dalgún xeito á coñecida como fuga de talento, facilitando aos cidadáns que adquiran experiencia laboral no seu ámbito profesional e que inicien a súa traxectoria profesional na nosa provincia e non fóra”, destacou a Deputada de Emprego.

Requisitos, perfís e prazos de inscrición
Os requisitos para participar neste proceso de selección pública son, no caso de ter máis de 30 anos, ter rematados os estudos de FP ou Grao sobre os perfís que se ofertan nos últimos 5 anos (non antes de 2013) e non ter experiencia laboral sobre esta profesión. Os menores de 30 anos só terán que acreditar que non ter experiencia laboral sobre o emprego ao que optan.

Ata o 3 de decembro, os interesados poden inscribirse nos procesos de selección pública para os seguintes perfís laborais/empregos:

  • Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións web
  • Graduado en administración e dirección de empresas
  • Técnico superior en administración e finanzas
  • Técnico superior en administración de sistemas informáticos en rede
  • Técnico superior en asistencia á dirección
  • Técnico en fotografía
  • Técnico en márketing e publicidade
  • Técnico en deseño gráfico

Proximamente –a previsión é que o BOP publique a convocatoria esta mesma semana- tamén se abrirá a solicitude para estes perfís/empregos:

  • Enxeñeiro topógrafo
  • Ciclo superior de xestión forestal e medio natural
  • Enxeñeiro agrónomo
  • Técnico en electromecánica de vehículos