Rematan as obras de mellora no IES Pedregal de Irimia de Meira

Unha nova actuación de mellora realizouse no Instituto de Educación Secundaria IES Pedregal de Irimia de Meira, onde foron executados traballos de reparación da cuberta do pavillón cun investimento total de 9.200 euros.

Así, procedeuse á substitución de parte da cuberta e de canlóns do recinto deportivo do IES. Cómpre lembrar que tamén se acometeron este ano obras para mellorar a eficiencia enerxética neste instituto.

Etiquetas