Skip to main content
ActualidadeVilalba

Xornada negra para o TDM Vilalba

Por 3 Decembro, 2018Sin comentarios

A novena xornada de liga non foi nada positiva para os equipos do TDM Vilalba pois non foron quenes de puntuar en ningún dos seus encontros.

Así, en Segunda galega o equipo de Limpezas García perdeu por 4-1 ante o Grumico da Coruña en Vilalba. En Primeira galega o Basanta Souto perdeu tamén por un axustado 4-3 ante o Breogan Oleiros D.

Na primeira concentracion de Segunda nacional feminina o equipo TDM Concello de Vilalba perdeu os seus tres encontros por 3-0 ante o equipo de San Xoán, o Club del Mar e o Narón feminino. As xogadoras vilalbesas víronse afectadas pola presión do debut, sobro de todo nalgúns momentos puntuais.

A próxima fin de semana a liga sofre un parón polo clasificatorio de repesca para o nacional en Zaragoza e se aproveita para celebrar o IV Torneo de Concello de Vilalba o sábado e domingo no pavillón Municipal, o sábado por categorias e o domingo o absoluto.