Skip to main content
ActualidadeXermade

A Biblioteca de Xermade convoca un novo certame de poesía infantil de Nadal

Por 4 Decembro, 2018Sin comentarios

A Biblioteca Pública de Xermade vén de convocar unha nova edición do Certame de Poesía Infantil Nadal 2018.

É un certame onde poden participar todos os nenos e nenas, con poemas sobre o tema xenérico de O nadal.  Establécense tres categorías: A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos , e C, de 12 a 16 anos. Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán redactados en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. O prazo de presentación dos poemas rematará o 22 de decembro de 2018.

Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.