Skip to main content
Actualidade

A Deputación mellora os accesos a 18 núcleos rurais de Outeiro de Rei

Por 5 Decembro, 2018Decembro 6th, 2018Sin comentarios

A Deputación financiou con 223.000 euros melloras de accesos a 18 núcleos rurais de 14 parroquias de Outeiro de Rei, beneficiando aos máis de 1.500 veciños que viven nos mesmos.

Así o informou o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, nunha visita a dito municipio no que coñeceu de primeira man o resultado destes traballos, executados, na súa maioría, en vías de titularidade municipal. As actuacións consistirán fundamentalmente na limpeza de cunetas e mellora do firme.

Campos Conde destacou que “dende o Goberno da Deputación, cumprimos unha demanda histórica dos veciños, que reclamaban a mellora destas vías municipais que se atopan moi deterioradas. Decidimos asumir estes traballos dentro da nosa firme aposta pola defensa da vida no rural e do rural, e co reafirmamos o compromiso deste Goberno pola mellora dos servizos públicos dos que dispoñen os veciños”.

“Deste xeito, continuamos a investir fondos públicos, que son dos lucenses, en todos e cada un do Concellos da provincia. Non existe un só municipio no que non haxa investimentos da Deputación para facer obras”, destacou.

As melloras acometeranse en máis de 50% das parroquias do municipio, concretamente en 14, nas que se executarán obras en 18 núcleos rurais: Matela, Arcos, Penelas, Francos, Guiller, O Castro, Os Alargos, Martul, Candai, Outeiro De Rei, A Casanova, A Laxe, Faxilde, Guimarás, A Subida, Veiga, Silvarrei, Pape, Taboi e Pereiro.