O Ratiño Pérez de Vilalba convoca un certame de debuxo

O popular Ratiño Pérez de Vilalba vén de convocar a primeira edición do Certame de Debuxo sobre o Nadal, aberto a todos os nenos e nenas que o visiten.

Os interesados en participar deberán levar os seus debuxos á tenda R.set de Vilalba, na rúa Chao Ledo, onde se recollerán as obras ata o 21 de decembro. O Ratiño escollerá aos gañadores o día de Nadal. Xa avanzou que serán escollidos dez debuxos que recibirán como premio unha libreta.

Etiquetas