Concurso de postais de Nadal en Rábade

O Concello de Rábade vén de organizar a XII edición do concuros de postais de Nadal. O obxectivo deste certame é que o debuxo gañador sexa o que figure na postal de nadal do Concello, que envía todos os anos aos veciños.

No concurso poderán participar todo os rapaces de entre 3 e 14 anos que o desexen, polo que se establecen dúas categorías, de 3 a 8 anos, e de 9 a 14 anos. Loxicamente, o tema escollido é o nadal e os participantes poderán utilizar todas as técnicas e materiais que estimen oportuno.

Hai establecidos tres premios consistentes en vales de 60, 40 e 20 euros a canxear nos comercios de Rábade.

O xurado, que estará composto por representantes do Concello, do colexio Otero Pedraio e do IES Río Miño, fará público o seu veredicto o 19 de decembro polo que o prazo de presentació remata o 14.

Etiquetas