Dous detidos na Chaira que estaban en busca

A Garda Civil detivo no termo municipal de Vilalba a un veciño de Boimorto (A Coruña) de 45 anos de idade, ao cal cónstalle unha requisitoria en vigor do Xulgado do Penal nº 5 da Coruña.

A Garda Civil detivo tamén a un veciño da Pastoriza por orde xudicial do Xulgado do Penal nº 1 de Lugo, sendo trasladado para o seu ingreso inmediato no centro penitenciario de Bonxe.

As persoas detidas foron postas a disposición xudicial.

Etiquetas