A Biblioteca Municipal de Vilalba pecha ata despois do nadal para poñer un elevador

A Biblioteca Municipal de Vilalba permanecerá pechada desde o día 12 de decembro, e durante o Nadal, para a instalación dun elevador co obxetivo de ter accesibilidade para as persoas con problemas de mobilidade.

Co propósito de manter os servizos activos e a disposición da poboación, habilitarase un aula de estudo na biblioteca do auditorio, sita no terceiro andar, de 8:30h a 14:30h, e un servizo de empréstito de libros, na Casa da Cultura, de 17:30h a 21:00h.

Esta biblioteca incorporouse este 2018 ao catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, un sistema que achega todos estes centros e so seus catálogos a todos os cidadáns galegas para xestionar cun carné único para todo o sistema.

 

Etiquetas