Abadín presenta o seu novo camión polifacético

O alcalde de Abadín, Xosé María López Rancaño, presentou a última adquisición de maquinaria do concello, un camión polífacético de Mercedes que pode traballar en diferentes sectores como o agrícola, estradas ou bombeiros. O vehículo tivo un orzamento de 200.000 euros, o 85% aportado pola Xunta de Galicia e o resto para o concello.

Para a presentación deste vehículo, o concello contou coa presenza de Gabriel Barrio Pedro, delegado da zona norte de vehículos especiais de Mercedes Benz, que explicou que o vehículo é un camión Mercedes Unimog modelo 218 que leva facéndose dende fai 70 anos, coas modificacións particularidades e as normativas novas de motores, por suposto.

Unimog significa en alemán Universal Motor Gerät (dispositivo motorizado de aplicacións universais). Este vículo é o máis polifacético que ten Mercedes, xa que pode traballar en diferentes sectores como o agrícola, estradas ou bombeiros con distintas aplicacións.

O Concello de Abadín destinará o novo vehículo para servicios municipais. Coa nova normativa de motores Euro6 que é a que está vixente, adaptouse tamén para poder levar calquer tipo de implemento como desbrozadoras sen a necesidade de legalizar este implemento, xa que o vehículo xa está certificado coas dúas placas correspondentes, tanto diante como detras, é está dotada de dúas tomas de forza e dous sistemas hidráulicos, todo para manexar os implementos.

O vehículo tamén está homologado para incorporarlle unha pala quitaneves, uns saleiros ou unhas desbrozadoras. Simplemente habería que colocar os implementos despois de desconectar o que se quere reemplazar e conectar os sistemas hidráulicos.

O novo camión admite tamén un cepillo barredor de rúas, simplemente con poñer sobre a praca de acople o adaptador do cepillo barredor e dous sistemas hidráulicos para subilo e baixalo. Como explican o responsable de Mercedes, hai infinidade de implementos sen modificar nin ter que homologar nin pasar por Tráfico nin Industria. Simplemente colocando os accesorios.

A compra do camión leva incorporadas as formacións gratuítas para os operarios do concello e das que se encarga a propia Mercedes.

En Galicia só existen vehículos como este nas autopista do Atlántico, aínda que con normativas anteriores como Euro 3 e Euro 5 e a Xunta de Galicia ten este mismo modelo para o sistema de extinción de incendios.

Como explicó el técnico en la presentación, comparándoo cun tractor, este modelo pode aportar máis, xa que un tractor antes do 2016 podíase matricular como maquinaria agrícola e podíase facer todo, pero agora hai tres: agrícola, obras personal e obra pública. Entón agora hai que dicir concretamente para que é a súa función. Así que este camión é moito maís versátil.

Na presentación tamén estivo Francisco Rivas, do servizo técnico de Belafer que porá en marcha o brazo do desbrozador e a desbrozadora articulada nesta máquina. Unha delas vai montada no frontal hidraulicamente co servizo auxiliar e é capaz de traballar a esquerda e dereita cun radio de alcance de 5 metros e medio, o que permite abarcar todo o que hai arredor de estradas, camiños, fincas. Funciona coa parte hidráulica de Mercedes e ten un servizo pseudoeléctrico que permite xestionar desde a cabina o brazo. Dito brazo agora mesmo leva unha picadora que traballa en diferentes modos e con diferentes cuchillas, pero se pode cambiar ou acoplar calquer outro tipo de apero como unha serra ou un peine. Pódese desenganchar e aí estaría a trituradora que funciona con carga mecánica neste caso, que é capaz de facer un traballo máis ancho e con máis esforzo xa que ten un paro máis alto, ademais pode traballar frontal, desprazada e inclinada.

 

 

Etiquetas