Castro de Rei comeza as súas actividades de Nadal o día 26

O Concello de Castro de Rei xa ten lista a programación para este Nadal. Comezarán o mércores 26 cun espectáculo para os máis pequenos ás 18:00 na Casa Cultura Castro Riberas de Lea.

O xoves 27 haberá un contacontos no centro sociocultural Xose Manuel Carballo, que terá lugar de 17:30 a 18:30 horas.

O sábado 29 chegará o tempo dos inchables a partir das 17:00 no pavillón de Castro Riberas de Lea.

Co cambio de ano seguirán as actividades. Así o 2 de xaneiro haberá un taller de manualidades de nadal de 17:00 a 19:30 no que hai que reservar praza chamando a Miriam no teléfono 669 308 270. Esta actividade será no centro sociocultural Xose Manuel Carballo de Castro de Rei.

Ao día seguinte haberá unha vista a XuvenLugo para os nenos que estén nas escolas deportivas municipais do Concell aínda que tamén se mandará unha folla de preinscrición aos colexios.

O 4 de xaneiro ás 19:30, no centro cultural Xose Manuel Carballo en Castro de Rei, representarase a obra teatral Queres que cho conte?, de Palimoco Teatro.

Por supuesto, o acto central do nadal será a celebración da cabalgata o día 5 de xaneiro. Está prevista a chegada das súas maxestades a Castro Riberas de Lea cun desfile deica a casa da cultura, unha vez alí será a recepción para os nenos, os cales poderán botarse unha foto de recordo e levarán unha bolsa de larpeiradas. Para rematar esta xornada haberá unha chocolatada para os cativos asistentes á recepción.

O 6 de xaneiro tamén haberá unha Cabalgata de Reis no centro Socio Cultural Xosé de Manuel Carballo, para despois continuar ás 17:30 coa actuación do Mago Roberto Lolo.

Todos os caramelos, as larpeiradas e o chocolate que se ofrecerá aos asistentes son sen gluten.

Etiquetas