A vilalbesa Elisabet Castro recibiu o Premio Mágnum á mellor sumiller

A Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa foi o escenario da Feira Independente do Viño, coa celebraación da oitava edición dos Premios Mágnum do Viño Galego, uns galardós que o Instituto Galego do Viño outorga con carácter anual en recoñecemento aos traballos e aos profesionais máis destacados do sector do viño en Galicia, co obxectivo de fomentar a excelencia e afianzar a imaxe de Galicia como referente mundial de viños.

O premio ao Mellor Sumiller de Galicia foi para Elísabet Castro, rexente do Mesón do Campo vilalbés. Cada un dos premiados recibiu unha escultura diferente realizada polo artista Kike Ortega. Seguindo a súa liña creativa de total ruptura co lenzo para descubrir as posibilidades artísticas de materiais a priori non concibidos para a arte, estas pezas están feitas con fragmentos de antigos bidóns de aceite, previamente aplanados cunha apisoadora, recurtados e traballados polas mans do artista

FORMACIÓN

Elísabet Castro é  unha diseñadora que casou cun zapateiro para meterse de cheo na restauración. Xunto ao seu marido Manuel Fernández traballa no Mesón do Campo en Vilalba. Elísabet estudou xornalismo en Madrid e regresou a Galicia para formarse na Escola de Deseño ESDEMGA de Pontevedra. Manuel dedicábase á venda de calzado no negocio familiar. Dúas traxectorias moi diferentes que se uniron cun obxectivo común: botar unha man no restaurante.

O seu primeiro paso foi estudar o Curso Superior de Sumiller Profesional no Instituto Galego do Viño en Santiago. E as súas cualificacións foron as mellores, Elísabet conseguiu un diploma con distinción de honor e Premio Rías Baixas á mellor nota e Manuel estivo entre as cinco mellores notas.

Ademais de especializarse no sector do viño, Elísabet e Manuel quixeron profundar no mundo do café e así se federaron como baristas en Melide e foron evaluados pola SCAE (Speciality Coffee Association of Europe). Tras especializarse no café deron un paso máis na súa profesión, así que agora están facendo o Curso Superior de Barman en Santiago.

Etiquetas