Resultados moi dispares para o TDM Vilalba

Despois do parón ligueiro reanudouse a competición para os equipos do TDM Vilalba, con resultados moi dispares.
Na primeira nacional feminina o equipo Sanjurjo Moda perdía por 6-0 ante o Cofresa Narón, un partido no que o resultado non mereceu ser tan avultado, pois varios partidos fóronse aos cinco xogos caendo sempre para o lado das naronesas.

En segunda galega o equipo do Limpezas García perdía por 4-0 ante os lucenses do equipo Dez portas bar Karlos, o encontro estivo dominado en todo momento polos visitantes.

En primeira galega o equipo TDM Basanta Souto impoñíase por 4-1 ao equipo coruñés do Club del Mar, duelo disputado e que empezaron perdendo os villalbeses pero que logo do primeiro partido fixéronse donos e señores do encontro gañando os catro seguintes puntos.

A vindeira xornada de Primeira Nacional e primeira galega non chegará ata xaneiro de 2019, pero en Segunda galega o domingo pola mañá os xogadores do equipo Limpezas García desprazaranse a Lugo para enfrontarse ao Dez Portas Infantil. Tamén o sábado celebráse unha concentración de Segunda Nacional feminina en Ferrol onde as xogadoras de Vilalba competirán coas de Zas, Oroso, Mazaricos e A Baña.

Etiquetas