Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Gran actuación do Club Atletismo Friol no cross de Venta de Baños

Por 18 Decembro, 2018Sin comentarios

Un ano máis, catro deportistas do Atletismo Friol estiveron presentes no Cross Internacional de Venta de Baños, un dos máis importantes de cantos se disputan no territorio nacional.

Na categoría sub 20, María Carballido lograba a octava posición, mentras que a súa compañeira de equipo Noelia Sánchez facía idéntica posición na categoría sub 18. Tamén moi meritoria foi a novena posición de Nerea Lage na mesa categoría e, por último, Vanesa Blanco se adxudicaba a vixésima posición.