Meira celebrará os últimos días do ano unha homenaxe a Xosé da Flor en Meira

A asociación cultural Eme de Meira organiza para o 28, 29 e 30 de decembro actividades en homenaxe a Xosé da Flor.

Esta iniciativa arrincará o venres 28 ás 21:00 coa actuación de Carlos Branco e Quico Cadaval, na Casa da Cultura de Meira e as entradas poden reservarse a través da asociación.
O 29, celebrarase un partido de fútbol amistoso ás 12.00 horas no campo de fútbol da Pastoriza. Ás 14.30 horas, está prevista unha comida de confraternidad na praza do Convento. Para esta cita é necesario  tamén apuntarse.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, organizarase un Aberto de Billarda na praza do Convento, se as condicións meteorolóxicas o permiten, e senón farase no pavillón municipal.

Ese mesmo día 29 ás 20.30 horas a Casa da Cultura terá lugar unha nova edición do M de Cine da man de Gaitafilmes.

O primeiro día será a sección oficial e incluirá, unha vez máis, un concurso de curtos. O programa continuará ao día seguinte, o domingo 30, con sesións paralelas ao M de Cine e a proxección dun largometraxe.

Etiquetas