Naturgy comeza a construción dun parque eólico na Pastoriza-Rodeiro

Naturgy comezou as obras de construción do parque eólico Pastoriza-Rodeiro, que se situará no municipio da Pastoriza. Este proxecto contará cun total de 14 aeroxeneradores que sumarán unha potencia total de 48,5 MW e suporán un investimento de preto de 43 millóns de euros.

Os traballos iniciados ata o de agora comprenden actividades de reformulo da zona de obras, sinalización, montaxe de instalacións auxiliares, traballos de roce para o acondicionamiento dos camiños de acceso e implantación das correspondentes medidas preventivas de vixilancia arqueolóxica e medioambiental, encamiñadas a evitar posibles afecciones a elementos parimoniais e naturais.

Tanto as tarefas de roce como de retirada de maleza realízanse sobre a superficie estrictamente necesaria, co fin de que o impacto sobre a contorna sexa mínimo.

Co desenvolvemento deste proxecto, que se une á construción dos parques eólicos de Pena Forcada-Catasol II en Laxe, Monte Tourado-Eixe en Vimianzo, e Mouriños en Cabana de Bergantiños e Zas, todos asociados á última poxa de nova potencia renovable celebrada polo Goberno en mayo de 2017, Naturgy confirma o seu compromiso con Galicia e co cumprimento do seu Plan Estratéxico 2018-2022.

Catorce aeroxeneradores producirán o consumo eléctrico dunhas 60 mil vivendas

O proxecto eólico de Pastoriza-Rodeiro suma 14 aerogeneradores de 3,46 MW de potencia unitaria, cunha altura de buje de 84 metros e un diámetro de rotor de 132 metros. Os aeroxeneradores terán unha potencia total de 48,5 MW e unha produción anual estimada de 150 GWh, o que equivale ao consumo eléctrico de 60 mil fogares.

“O parque eólico de Pastoriza-Rodeiro instalarase en zona rural da provincia de Lugo, dando un novo uso ao territorio, perfectamente compatible coa agricultura ou a ganadería e contribuíndo á creación de postos de traballo. O proxecto renovable permitirá un aprovechamiento máis eficiente e racional da enerxía primaria, o que permitirá reducir as emisións de gases contaminantes e preservar a calidade medioambiental”, declarou María Landeira responsable de desenvolvemento dos proxectos eólicos en Galicia de Naturgy. A construción do parque de Pastoriza-Rodeiro xerará, nas súas distintas fases, uns 340 postos de traballo. Para a construción, operación e mantemento do parque, os equipos técnicos de Naturgy apoiaranse en gran medida en distintas empresas con base e persoal en Galicia.

Durante a construción realizarase un seguimiento ambiental e arqueológico continuo para garantir o cumprimento das medidas definidas na Declaración de Impacto Ambiental en canto a vexetación, fauna, atmósfera, hidroloxía e bens culturais e arqueolóxicos. As superficies afectadas serán revexetadas, e levarase a cabo un seguimiento medioambiental xornal durante a vida do parque.

Aposta de Naturgy polas enerxías renovables en Galicia

Naturgy conta en Galicia cunha potencia eólica instalada de 304,6 MW, con 13 parques eólicos en operación, e unha produción anual de 581 GWh en 2017. A enerxética puxo en operación en 2015 o parque eólico Cordal de Montouto e realizou en 2016 a primeira repotenciación de Galicia no parque eólico Cabo Vilano, substituíndo 22 aeroxeneradores por 2, cun incremento da produción do 400%.

A compañía enerxética, que reafirma a súa aposta pola enerxía renovable en Galicia, ten prevista un investimento de preto de 200 millóns de euros para desenvolver preto de 200 megavatios entre 2018 e 2019.

Etiquetas