Inauguran en Guitiriz a quinta edición da mostra ‘Tal como eramos’

O Instituto de Estudos Chairegos Pena do Encanto (Iescha), coa colaboración do Concello, inaugura o venres, día 21 de decembro de 2018, na Escola Habaneira de Guitiriz, a mostra fotográfica baixo a denominación xenérica Tal como eramos. Fotos para o recordo-Guitiriz, que chega á súa V edición.

Esta mostra consta de 120 fotografías en branco e negro e tamaño 30×20, a maioría da segunda metade do S. XX. Mostran a paisaxe guitiricense deses anos e xente da localidade en celebracións, actividades profesionais, eventos deportivos, etc. Hai tamén fotos que teñen como protagonistas a nenos así como intantáneas de grupos, de parellas e individuais. Posteriormente, todas estas fotos, xunto coas da IX exposición de Tal como eramos-Fotos para o recordo-Vilalba, incluiranse no apartado correspondente do Caderno de Estudos Chairegos no 9, que se editará a finais do presente ano.

Etiquetas