Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz prepara un programa de Nadal con especial atención aos maiores que viven sós

Por 21 Decembro, 2018Sin comentarios

O Concello de Guitiriz pon en marcha un ano máis o programa dirixido a persoas que viven soas e que consta de dúas actividades que se relacionan coas datas do Nadal.

Este programa chamado No Nadal estamos Contigo está pensado para dar un pouco de agarimo ás persoas do Concello que viven soas. Moitas delas non teñen ningún familiar cercano e outras si. “Pretendemos facernos visibles nestas datas tan familiares e entrañables, ó tempo que lles demostramos  que poden contar coa axuda municipal cando a precisen”, explican. As actividades son as seguintes:

O día de Noiteboa, estará dirixido exclusivamente a aquelas persoas que viven soas e non teñen un familiar ou amigo ó que poidan acompañar esa noite. Nese caso achegaráselles una cea, preparada por un restaurante da localidade e repartida por voluntarios, para que cando ceen, aínda que sen compañía física, sentan a compaña da institución municipal. Repartiranse un número aproximado de 20 ceas.

Con anterioridade a esa data téntase contactar coas persoas para aceptar ou non a oferta.

O día de Reis haberá un xantar nun coñecido restaurante ao que asisten todas as persoas que queren co único requisito de que vivan soas. Xeralmente asisten  ao redor de 37 persoas.

Dende o Concello piden a colaboración cidadá para chegar ao maoir número de potenciais usuarios posible. Por iso piden que a xente se apunte, ou se a xente coñece algunha persoas que se atope nesta situación e non participe no programa porque non o coñece, contactese co Concello chamando aos 982.37.01.09  – 618.70.90.85.

PROGRAMA DE NADAL

Tamén o Concello organiza unha serie de actividade para estas datas. Comezarán o día 24 coa chegada de Papa Noel á Casa Habanera ás 12:00. O día 27 poderase xogar ao Bingo a partir das 16:30, tamén na Casa Habanera.

O luns 31 chegará O Baul do Mago ao campo da feira de 11:30 a 13:30 e de 16 a 19:00. O xoves 3 será o Viaxe ao cine co visionado da película SuperLópez. E por último será a Festa dos Peques, na que haberá inchables e taller de bolsas a partir das 17:00 horas.

Tamén o día 28 haberá un concerto de Nadal na Casa Habanera a cargo da Iniciación ESMU, a Agrupación Rock ESMU, o Grupo de Gaitas ESMU, Amigos da Música e a Banda Municipal de Música de Guitiriz.