Rábade acollerá a sexta edición da San Silvestre

Rábade celebrará a súa carreira popular de San Silvestre, que chega a súa VI edición.

Así, a VI Don Silvestre Rabadense 2018 será o luns 31 de decembro e dará saída ás 11:15 para os menores e para os adultos será ás 12:00.

O prazo de inscrición xa está aberto e é ata o 27 de decembro, podendo facer efectiva a mesma dende www.championchipnorte.com.

A inscrición será gratuita.

Ao remate do evento, farase entrega dos premios aos catro melllores disfraces.

Etiquetas