Xa hai gañadoras do Concurso de postais de Rábade

O Concello de Rábade otorgou os premios da XII edición do concurso de postais de Nadal. O obxectivo deste certame foi que o debuxo gañador sexa o que figure na postal de nadal do Concello, que envía todos os anos aos veciños.

Hai establecidos tres premios consistentes en vales de 60, 40 e 20 euros a canxear nos comercios de Rábade.

O xurado, que estivo composto por representantes do Concello, do colexio Otero Pedraio e do IES Río Miño, fixo público o seu resultado.

Así, na categoría A, o primeiro premio foi para Elvia López de 8 anos, o segundo para Ariadna Fernández de 4 anos e o terceiro para Alexia López de 5 anos.

Na categoría B, o primeiro premio foi para Carla Ulla de 10 anos, o segundo para Olalla Camaño de 11 anos e o terceiro para Ainara Silvosa de 12 anos.

As postais estarán expostas no Concello ata o 15 de xaneiro.

 

Etiquetas