Comeza en Vilalba o campionato de España de seleccións de fútbol sala

O polideportivo Municipal de Vilalba acollerá do 3 ao 5 de xaneiro de 2019 a fase previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de fútbol sala nas categorías Sub20 e Sub17 femininas.

Van participar as seleccións de Madrid, Ceuta, A Rioxa e Galicia, con dous partidos por xornada. A Rioxa só participa na categoría Sub17 e Ceuta na Sub20.

Así, o conxunto masculino Sub 17 xogará o día 4, ás 11.oo coa Rioxa e o 5, á mesma hora, con Madrid. En féminas os dous partidos serán os dous días ás 13.00 horas, o 4 con Ceuta e o 5 con Madrid.

 

Etiquetas