Skip to main content
Actualidade

O comedor San Froilán servirá en Reis carne de xabarín doada polo Tecor Terra Chá

Por 3 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O vindeiro 6 de xaneiro, o día de Reis, o comedor social San Froilán de Lugo servirá carne de xabarín aos máis necesitados grazas a iniciativa da Sociedade de Cazadores Terra Chá, en colaboración con empresas locais, que se quixeron sumar para que a ninguén lle falte un prato de carne nestas sinaladas datas.

A Sociedade de Cazadores Terra Chá, da Pastoriza, Castro de Rei e Cospeito, Lugo, en colaboración con Embutidos Buenavista e Procifon (produtos cinegéticos A Fonsagrada) quixo axudar a quen máis o necesita, para que ninguén se quede sen un prato de comida quente estas festas.

Durante o pasado mes de decembro fíxoselles chegar ao comedar de San Froilán unha donación de 340 racións de carne de xabaríns, recentemente cazados nos terreos do propio tecor societario polas cuadrillas que participan nas batidas semanais. Unha vez limpos e certificados sanitariamente, grazas á axuda da empresa xa nomeada Procifon, estarán listos para servir nos pratos dos máis necesitados o día de Reis.

Ademais de que dende esta sociedade queren facer un chamamento para que outras entidades fagan o mesmo. O obxectivo extra desta acción é servir de acicate para que outras entidades similares se sumen a esta iniciativa solidaria do mundo da caza.