Aumenta a siniestrabilidade nas estradas da provincia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, insistiu en aumentar as medidas para mellorar os datos de siniestralidade nas estradas da Comunidade. Así mesmo, considerou “preocupantes” as 104 vítimas mortais rexistradas de xeito provisional ao longo do ano 2018.

Por provincias, A Coruña acumulou 45 vítimas mortais fronte ás 33 de 2017. Pontevedra pasou de 20 a 24. Lugo sumou 20 tras un 2017 con 16 persoas falecidas. Ourense pasou de 7 a 15 vítimas.

Javier Losada recordou que o obxectivo é acadar “as cero vítimas” e para iso o Goberno xa tomou medidas, como a redución no límite de velocidade nas estradas convencionais, de 100 a 90 quilómetros por hora, para mellorar a seguridade.

Ademais das campañas recurrentes de control de velocidade, consumo de alcohol e drogas e estado do vehículo, o delegado do Goberno avanzou novas campañas específicas a nivel galego. Javier Losada detallou que no traballo conxunto cos responsables de Tráfico abordarase na próxima Comisión o repunte no dato de persoas falecidas e dinamizarán as actuais medidas co obxectivo de optimizar a seguridade vial.

Etiquetas