Os Reis Magos chegan a Friol

Os Reis Magos visitarán este sábado 5 de xaneiro, o concello de Friol cun programa de actividades que dará comezo ás 17:00 no pavillón Polideportivo Municipal, onde haberá actividades, 4 inchables, xogos, globos e moitas máis sorpresas

Neste día expoñeranse os traballos realizados nos obradoiros de Nadal organizados polo propiio Concello durante decembro e xaneiro. Para rematar haberá un chocolate quente e un tradicional roscón de Reis.

Etiquetas