Campionato de Tute na taberna Ó Abrigo de Miraz, en Friol

O Bar Ó Abrigo, situado na parroquia de Miraz, en Friol, organizou a terceira edición do Campionato de Tute, que  terá lugar o 12 de xaneiro na propia taberna e que dará comezo a partir das 20.30 horas.

A organización explica que as parellas participantes deberán aportar 24 puntos e haberá tres premios. Ademais, haberá pinchos gratis ao comenzar e durante a partida.

Os interesados en participar deberán inscribirse no teléfono 982 194 850.

Etiquetas