Xermade remata as obras de mellora da Casa Consistorial

Xermade rematou estes días a obras de limpeza da súa Casa Consistorial, traballos aos que destinou un total de 7.500 euros para renovar a estética exterior a través do lavado, rascado e pintado das fachadas cunha cor tostada.

Segundo explicou o alcalde, levaba moitos anos sen pintar e presentaba un aspecto deteriorado polo que espera que estes traballos, que estiveron a cargo da empresa Paulino de Vilalba, poña en valor este edificio público.

Etiquetas