Vilalba acolle esta fin de semana o Festival de Panxoliñas

O XXXIII Festival de Polifonía e Panxoliñas que organiza a Coral Polifónica Vilalbesa será o 12 de xaneiro coa participación das corais: Coral Polifónica de Betanzos, Coral Polifónica de Barreiros, Coral Polifónica Luar de Vilalba e a Coral Polifónica Vilalbesa.

Será ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, con entrada de balde.

PROGRAMA.

A Coral Polifónica de Betanzos interpretará Cantares, Viento del Norte, La Nuit e Silencio que Duerme.

Coral Polifónica de Barreiros cantará A Belén vinde pastores, Con un Sobreiro de Palla, vagalume e Xa non sei Cantar.

E a Coral Polifónica Luar de Vilalba interpretará O Neno, Oh Blanca Navidad, The Lion Sleeps Tonight e Amén.

Etiquetas