Vilalba será sede das tres primeiras fases do campionato provincial de campo a través do programa Xogade

Vilalba volve ser o epicentro das probas de campo a través do programa Xogade da Xunta de Galicia, coa disputa das fases preparatoria, clasficatoria e campionato provincial no Estadio de A Madalena.

A primeira destas probas terá lugar o martes 15 de xaneiro e o domingo seguinte, día 20, será a fase clasificatoria. A última cita terá lugar o domingo 3 de febreiro, no mesmo lugar, para desputar a fase de campionato provincial.

Todas as probas desenvolveránse a partir das 11.00 horas.

Etiquetas