Meira estrea un estadio da Lomba remodelado

O concello de Meira restreou esta fin de semana o campo de fútbol da Lomba, o estadio propio do Concello, tras unha remodelación que se alongou catro meses.

As obras, que contaron cun orzamento base de licitación de 48.400 euros, contemplaron a renovación integral do céspede, así como do sistema de rego. O campo contaba cunha drenaxe moi deficiente, o que provoca un mal estado do terreo de xogo, intensificado durante os meses de inverno polas choivas, co consecuente risco de lesións para os usuarios.

Deste xeito, as actuacións permitiron restablecer unhas condicións idóneas para que os xogadores do Meira Fútbol Club, que empregan estas instalacións a cotío o poidan facer con todas as garantías de seguridade.

O financiamento destas obras estivo ao cargo na súa totalidade á Deputación Provincial.

O Meira, que tamén conta con nova directiva, xogou o seu partido no campo renovado esta fin de semana contra o Iberia. Nestes meses estivo utilando o campo da Veiga en Riotorto, para disputar os partidos como local.

Etiquetas