Abadín estrea este ano unha renovada casa do concello

Abadín estrea este ano unha renovada casa do concello, despois de dez anos de traballos. Tan só faltan rematar algúns detalles e humanizar o interior do propio edificio que consta de catro pisos.

A Deputación destinou  36.050 euros do Plan único a este proxecto para instalacións e mobiliario. Nas novidades deste edificio destácase o salón de actos cunha capacidade de cen persoas, unha sala de prensa e unha sala de conferencias.

Por outra banda, haberá despachos para os empregados do Concello, cos seus respectivos arquivos, tamén haberá unha sala de xuntas e un salón de plenos conectado co de actos, ademais de catro arquivos xerais e un garaxe.

Cada planta do edificio conta cun termostato independente, así como o seu propio cadro técnico para electricidade e telefonía. Conta tamén con dúas caldeiras de pellets para a calefacción.

Este proxecto levouse coa axuda de varios obradoiros de emprego, que puxeron o chan os aseos, as escaleiras ou as portas de madeiras. A man de obra deste proxecto supuxo 17.500 euros no obradoiro Terra Cha I, 15.460 euros no Terra Cha II, e 32.360 no actual Terra Chá III. As caldeiras de biomasa significaron 66.876 nas arcas municipais fai dous anos, ademais de impermeabilizarse as cubertas, o que supuxo 2.539 euros das arcas.

Etiquetas