Publicadas no BOP as axudas para a recuperación de terras abandonadas

O Boletín Oficial da Provincia vén de publicar a resolución das axudas da Deputación por valor de 300 euros coas que recuperar 582 hectáreas de terras abandonadas na provincia para poñelas en produción. Os beneficiarios son agricultores ou gandeiros a título individual, agrupacións de produtores ou persoas xurídicas con titularidade na explotación que acreditaron como actividade profesional principal a agricultura ou a gandería. Cómpre lembrar que a través desta liña de axudas, o Goberno da Deputación ofreceu axudas a un total de 356 agricultores e gandeiros cos que poñen en produción 1.888 hectáreas de terreos baldíos.

Distribución das axudas

Na Montaña recuperaranse 178 hectáreas con 89.274 euros en axudas a 40 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. A Fonsagrada: 12 axudas de 32.515,00 € para recuperar 65,03 hectáreas; As Nogais: 2 axudas de 3.345,00 € para recuperar 6,6 hectáreas, Baleira: 4 axudas de 9.880,65 € para recuperar 19,7 hectáreas; Baralla: 13 axudas de 25.991,95 € para recuperar 51,9 hectáreas; Becerreá: 4 axudas de 8.601,45 € para recuperar 17,2 hectáreas; Cervantes: 2 axudas de 2.135,00 € para recuperar 4,2 hectáreas; Navia de Suarna: 3 axudas de 6.805,10 € para recuperar 13,6 hectáreas.

Na Terra Chá recuperaranse 165 hectáreas e 82.804,25 euros en axudas a 39 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. A Pastoriza: 10 axudas de 18.381,15 € para recuperar 36,7 hectáreas; Abadín: 1 axuda de 1.910,00 € para recuperar 3,8 hectáreas; Castro de Rei: 3 axudas de 8.526,10 € para recuperar 17 hectáreas; Cospeito: 2 axudas de 2.250,00 € para recuperar 4,5 hectáreas; Guitiriz: 5 axudas de 11.971,90 € para recuperar 23,9 hectáreas; Meira: 1 axuda de 4.680,00 € para recuperar 9,3 hectáreas; Pol: 2 axudas de 1.759,55 € para recuperar 3,5 hectáreas; Vilalba: 10 axudas de 19.083,05 € para recuperar 38,1 hectáreas; e Xermade: 4 axudas de 14.242,50 € para recuperar 28,5 hectáreas

Na Comarca de Lugo 124 hectáreas e 62.300 euros en axudas a 24 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. Castroverde: 4 axudas de 9.940 para recuperar 19,8 hectáreas; Friol: 10 axudas de 17.868,60 € para recuperar 35,7 hectáreas; Lugo: 2 axudas de 7.153,40 € para recuperar 14,3 hectáreas; O Corgo: 5 axudas de 9.490,75 € para recuperar 18,9 hectáreas; Outeiro de Rei: 1 axuda de 815 € para recuperar 1,6 hectáreas; Portomarín: 1 axuda de 889,40 € para recuperar 1,7 hectáreas, e Rábade: 1 axuda de 6.203,90 € para recuperar 12,4 hectáreas.

Na Mariña, 31 hectáreas con 15.900 euros en axudas a 7 gandeiros e agricultores de Concellos desta Comarca. A Pontenova: 3 axudas de 5.375,00 € para recuperar 10,7 hectáreas; O Valadouro: 3 axudas de 7.728,15 € para recuperar 15,4 hectáreas e Ourol: 1 axuda de 2.805,50 € para recuperar 5,6 hectáreas.

Etiquetas