Vilalba acolle este sábado a III Gala do Deporte

O Concello de Vilalba celebra esta fin de semana a tradicional Gala do Deporte, que chega á súa terceira edición con varios cambios. Así, por primeira vez esta gala terá lugar no mes de xaneiro (sempre era en decembro) e pola tarde, ás 20.00 horas. Fíxose este cambio para fomentar a participación neste evento, que terá lugar o día 19 de xaneiro no auditorio Carmen Estévez.

Nesta ocasión haberá dez categorías: mellor deportista, mellor equipo, mellor deportista promesa, mellor club, mellor adestrador, mellor labor co deporte base, premio á traxectoria deportiva, mellor labor informativa e mellor equipo e deportista con discapacidade. Como en anos anteriores, a organización avanzou que tamén haberá mencións especiais.

Polo momento non se fixeron públicos os candidatos nin o deportista que exercerá de padriño pero o Concello animou a todos a participar neste evento co que se pretende incentivar a participación deportiva e recoñecer o labor durante todo o ano.

Etiquetas