En Marea mostra a súa total oposición aos orzamentos de 2019 e apela a negociar

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello trasladoulle á representante do Goberno en Lugo a oposición de En Marea ao proxecto de Orzamentos do Goberno Sánchez dos que dixo “non son tolerables nin asumibles”.

“Non se compromete coas verdadeiras necesidades do país en moitas materias” e reduce os investimentos para Galiza nun 20% en relación ás partidas do ano pasado, cunha caída de 184 millóns”.

O deputado de En Marea enfatizou o rexeitamento ás contas presentadas por Sánchez, no que atinxe a Galicia, porque “non apostan pola verdadeira vertebración internas”. “O único que promove é unha conexión de Ave coa Meseta e esquécese do país. Non contempla a prolongación do Eixo Atlántico ferroviario, nin o desenvolvemento da conexión con Portugal, nin sectores produtivos. E en Lugo non se aposta polo impulso do tren Lugo-Ourense, nin un verdadeiro compromiso coa mellora en Monforte após do cambio da UE de ampliar o Corredor Atlántico pola liña Monforte-Valdeorras”. “A día de hoxe votamos non se non hai melloras. Temos 5 votos que son necesarios para aprobar os Orzamentos. Agardamos a resposta de Moncloa porque deben cambiar”.

Lugo: un défice histórico que non se corrixe

Aínda que no cómputo global a cifra total para o territorio lugués medra un pouco en relación ao 2018, pasando o orzamento de 60 millóns a 71 millóns despois de anos de significativas reducións orzamentarias, “existen importantes infraestruturas que continúan infra dotada como é o caso da modernización ferroviaria.  Ademais, tras anos de caída porcentual dos investimentos para Lugo, tampouco se compensa o défice histórico que arrastra”. Neste sentido, critica a “cativa partida contemplada para a conexión ferroviara LAV Ourense-Lugo que recibe só 160.000 euros”. A precaria liña da antiga FEVE, recollida baixo a denominación de “cercanías, rede de ancho métrico”  non recibe ningún euro no seu paso polo territorio de A Mariña nas contas de Adif para Lugo. Existe unha partida de 10 millóns para a liña pero corresponde para actuacións na zona coruñesa.

En relación á mellora da rede convencional, a electrificación da liña Monforte-Lugo que contempla 5,1 millón deixa o groso dos investimentos para próximos exercicios coa cifra de 31 millóns para 2020”, igual que a renovación e variantes na liña Monforte-Lugo que para este 2019 consigna 8,8 millóns pero o máis voluminoso fica para vindeiros exercicios. Advertiu nesta materia da importancia de executar o 100%.

Estradas: políticas continuistas sen investimentos para obras novas

Respeito ás estradas, o deputado de En Marea afirma que “estamos ante políticas continuistas. Hai un aumento para a conservación das estradas cuxo estado lamentábel levamos tempo denunciando pero non é suficiente. Ademais, non se inviste en novas actuacións”. Fixo valer a presión de En Marea ao longo da lexislatura para que se arranxasen as estradas. “Este tema foi unha constante das nosas iniciativas”.

En cambio, fai unha crítica da falta de investimentos en obra nova viaria. É dicer, “a eterna A-54 continúa coas demoras e os retrasos. A autovía da Mariña, a A-74, fica relegada así como a A-56”. Unha das infraestruturas viarias sobre as que En Marea fixo un constante control coas súas iniciativas parlamentaes foi a A-8 entre Mondoñedo e Abadín. Os peches continuos debido ás densas néaboas foron obxecto das peticións de En Marea ao longo de toda a lexislatura. De novo, lentitude e parsimonia. Para este exercicio 2019, o Ministerio consigna 5 millóns de euros para a solución da A-8, partida similar á do exercicio 2018 que debe executarse íntegramente. I+D+I

No que respecta á I+D+I, no CETAL, e ao igual que nos Orzamentos de 2018, considera que debería recibir maiores partidas posto que 90.000 euros que se consignan para o Laboratorio de Seguridade Alimentar é un único proxecto. “Desde En Marea apostamos por diversificar a actividade do CETAL que posúe unhas instalacións que deben poñerse en valor con investimentos e proxectos máis ambiciosos”.

A cidade “está desparecida nos Orzamentos”.

No que atinxe á cidade de Lugo, Fernán Vello amósase rotundamente crítico debido “á falta de consignacións para melloras de infraestruturas na propia cidade ou para levar a cabo actuacións pendentes desde hai tempo”.

Etiquetas