Vilalba repartiu os seus premios ao Deporte do 2018

O Auditorio Carmen Estévez de Vilalba acolleu a celebración da III Gala do Deporte, conducido por Toni López e animado cun monólogo de Javier Varela, e no que se recoñeceron os éxitos colleitados por deportivas e clubs da zona durante o pasado ano.

A gala conseguiu reunir a centos de deportistas de todas as idades e disciplinas nun evento que ano a ano vai a máis e está a ser convertir nun referente deportivo para Vilalba.

Estes foron os gañadores da edición que recoñeceu o traballo desenvolvido no 2018

  • Mellor equipo: TDM vilalba feminino.
  • Traxectoria deportiva: Pablo Vivero.
  • Mellor labor do deporte base: CB Terra Chá.
  • Mención especial para Escola Movemento de Vilalba.
  • Mellor deportista promesa: Ana Montenegro Teixido, de ximnasia rítmica.
  • Mellor club ou entidade: Rácing Club Vilalbés.
  • Mencion especial: Entrepinares.
  • Mellor adestrador ou técnico: Marcos Miragaya Lamas, de loita.
  • Mellor evento/ actividade: IV edición do Trofeo de Vilalba de Tenis de Mesa.
  • Mellor equipo/ deportista discapacitado: Rubén López Ferreiro, en tenis de mesa.
  • Mención especial e padriño da gala: Jose Cuba.
  • Mención especial título póstumo: Juan Carlos Prieto Crende.
  • Mellor labor informativa: Iván García Calaza.
  • Mellor deportista: Gabriel Tembras Corrales, en taekwondo

Etiquetas