Skip to main content
A PastorizaActualidade

A Feira da Reigosa acolle a inauguración do parque infantil

Por 23 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello da Pastoriza organiza un mes máis a Feira da Reigosa, que será o 26 de xaneiro coa cal celebran o aniversario da recuperación da súa feira cos tradicionais postos de calzado, roupa, artesanía, comida, ademais de polbo e churrasco.

Nesta ocasión, a festa infantil será a gran protagonista, xa que ás 12 horas será a especial inauguración do parque infantil, e contarán con actividades de animación, coreografías, globoanimación, xogos e moitas máis actividades.