Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAGuitiriz

Guitiriz acolle o sábado unha xornada sobre xestión forestal sostible

Por 23 Xaneiro, 2019Sin comentarios

A Casa Habanera de Guitiriz acollerá este sábado 26 de xaneiro unmha xornada formativa sobre Xestión Forestal Sostible.

O curso terá lugar entre as 12.00 e as 14.00 horas e estará a cargo de Érika Martínez Carreira que no seu relatorio informará sobre subvencións para a creación de masas forestais e prebención de incendios forestais.

Fará referencia á orde do 19 de decembro pola que se establecen as bases das axudas para a creación de superficies forestais e ao mesmo día sobre a concesión de axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal SOFOR.

A continuación terá lugar tamén outra charla de Raul Vilela Darriba, para tratar a activdade resineira como complemento ao aproveitamento da madeira de piñeiro.