Árbol acolle un curso de informática para maiores en febreiro e marzo

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol, en Vilalba, organizará un curso de informática e internet para maiores que se desenvolverá todos os martes, entre as 18.00 a 20.00, durante os meses de febreiro e marzo.

A data de inicio das clases será o 5 de febreiro e a data límite para anotarse será o venres 2. Para anotarse haberá que chamar por teléfono a Patricia (666 24 46 83), Bea (617 626 003) e Paula (655 582 171).

Durante o curso trataranse temas como a petición de cita para o médico, a renovación do DNI, petición de cita para a ITV, enviar un correo dende o móbil ou pasar fotos de móbil ao ordenador.

Etiquetas