Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Comezan os trámites para construír a pasarela sobre a vía no centro de Rábade

Por 24 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O subdirector de Coordinacción Técnica e Pasos a Nivel de Adif, acompañado do enxeñeiro responsable técnico dese servicio, mantiveron no Concello de Rábade unha xuntanza de traballo para concretar os termos da execución da tan demandada e necesaria pasarela, que permita os veciños pasar dun lado a outro da vía do ferrocarril no Centro da vila.

As obras a executar, que serán costeadas por ADIF, pasarán despois a ser titularidade do Concello, quen se ocupará do seu mantemento. Esta actuación é froito dun convenio, que inclúe tamén o acondicionamento da zona e eliminación do paso a nivel sito na zona do cemiterio, cuxos últimos termos se remataron de acordar en dita reunión, e que se agarda poida ser suscrito antes de que remate o presente mes de xaneiro, para poder de inmediato redactar o proxecto e sacalo a licitación. Ambas partes consideran que a execución destas obras deberán quedar rematadas dentro do presente ano.

Asimesmo estudiaronse tamén varias alternativas para a eliminación do paso existente na avenida de Vilalba, acordando ambas partes non incluír ese proxecto canda estes, coa finalidade de dar a máxima urxencia á construcción da nova pasarela.

O equipo de goberno expresa a sua satisfacción, por que, “tras casi 10 longos anos de loita constante con diferentes gobernos, esta obra, tan imprescindible para a nosa vila, vaia ser unha realidade”.