O FIV 2019 xa ten vendidas o 80% das entradas

O FIV 2019 ten vendidas xa o 80% das súas entradas, tal e como confirmaron fontes municipais, cando todavía faltan tres meses para a súa celebración, prevista para o 26 e 27 de abril no municipio lucense de Vilalba.

Dende a posta á venda dos abonos, antes de que se anunciase ningún grupo, non pararon de mercarse entradas, en especial a medida que se foron confirmado grupos. Os primeiros en dar a coñecer foron Dorian e La M.O.D.A. A eles sumáronse tamén Miss Cafeína, Depedro e Siloé, que actuarán no Escenario Mahou do festival.

O cartel aínda non está pechado e mañá darán a coñecer a presentación de novas bandas.

Etiquetas