Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Comezan en Rábade as festas de San Vicenzo e do mexillón

Por 25 Xaneiro, 2019Sin comentarios

O Concello de Rabade acollerá a última fin de semana de xaneiro a súa tradicional festa de San Vicenzo, a primeira festa do ano para o Concello e na que se fai de forma conxunta a Feira do Mexillón.

Este ano, o programa festivo arrincará o venres 25 de xaneiro cunha xornada adicada ao Voluntariado na que se celebrará unha cea de agradecemento aos voluntarios pola súa colaboración durante o ano na celebración de moitas das actividades. Esta cena terá o seu colofón coa actuación do DJ Casanova na prazuela.

O sábado será o día no que se fará a exaltación do mexillón polos bares da vila. Todos os veciños e visitantes poderán desfrutar de múltiples e exquisitas preparación deste molusco. O programa musical desta xornada contará coa sesión vermú a cargo da orquestra Compostela a partir das dúas e cuarto da tarde.

Pola tarde, ás 16.30 darase a saída ao XVI Memorial de Atletismo Eduardo Fernández Villamarín (Negrín). Finalizará a xornada coa verbena a cargo das orquestras Compostela e New York.

O domingo a programación dará comezo cunha misa solemne na honra do patgrón co Coro da Asociación Músico Crisanto. Por suposto, continuarase co programa de exaltación do mexillón antes da sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Xacobeo, a mesma que fará a verbena nocturna.