Vilalba será sede o domingo do Campionato provincial de campo a través

Vilalba acollerá o 3 de febreiro o campionato provincial de campo a través, que congregará a 464 participantes en diversas categorías na capital chairega. Esta competición englóbase dentro da iniciativa Xogade, o programa de deporte en idade escolar impulsado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Nos días pasados disputáronse as fases preparatoria, clasficatoria desta especialidade, concretamente os días 15 e 20 de xaneiro.

Está previsto que as probas do vindeiro domingo se desenvolvan entre as 11.30 e as 13.30 horas e a entrega de medallas será ás 13.45, aproximadamente. O lugar escollido para o evento será o Estadio da Magdalena.

Etiquetas